Última gran cita individual do ano a nivel nacional para o Bádminton Ravachol Pontevedra, que participou a fin de semana na localidade malagueña de Benalmádena no Campionato de España Sub-13.
En representación do club pontevedrés viaxou a deportista Lía Illán, xunto ao adestrador Jesús Pereiro.
A xogadora do Ravachol Pontevedra quedou ás portas das medallas, ao con conseguir pasar dos cuartos de final no cadro de dobres xunto á estradense Iziar Barcala.
Despois de superar unha difícil fase inicial, a parella pontevedresa accedeu ás eliminatorias vencendo con solvencia nos oitavos de final ás madrileñas Nora Cuéllar e Marina Díaz, pero en cuartos non lograron superar ás principais favoritas do torneo, as andaluzas Ángela Jiménez e María Merchán, alcanzando o quinto posto.
No torneo individual, Lía non superou a fase de grupos ao obter unha vitoria e unha derrota, precisamente contra a súa compañeira de dobres.
O Bádminton Ravachol pecha desta forma a súa participación nos campionatos nacionais de 2020, nos que tivo presenza en 5 das 6 categorías disputadas a pesar das dificultades da actual situación sanitaria.