O Bádminton Ravachol Pontevedra, listo para a súa estrea na Primeira Nacional

Pontevedra
03 de outubro 2018

Elena Andreu, que se atopa co equipo nacional nos Xogos Olímpicos da Mocidade, é a única ausencia no club pontevedrés para o seu debut na categoría

Manuel Brea, novo xogador do Ravachol Pontevedra
Manuel Brea, novo xogador do Ravachol Pontevedra / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Con ambición. Así encara o Club Bádminton Ravachol o que será o seu debut na Primeira Nacional.

O club pontevedrés, no seu primeiro ano na categoría, quere pelexar por estar nos postos altos da clasificación e, por que non?, polo ascenso á División de Honra.

O conxunto dirixido por Jesús Pereiro viaxa esta fin de semana a Oviedo coa mochila cargada de ilusión e só unha baixa, a da internacional Elena Andreu ao atoparse co equipo nacional nos Xogos Olímpicos da Mocidade.

O primeiro rival do Ravachol en liga será o Club do Mar da Coruña, mentres que o segundo duelo será ante os anfitrións da xornada, o CB Oviedo, ambos os dous programados para a xornada do sábado 6 de octubre.

Pola súa banda o domingo o rival será o CB Aspe da Comunidade Valenciana, un vello coñecido do equipo pontevedrés ao que xa se enfrontou o pasado mes de marzo na fase de ascenso de Mallorca.