O Campionato Galego de Kick Boking reunirá 250 deportistas no Sequelo

Marín
15 de febreiro 2018

Un total de 250 participantes en todas as categorías disputarán polo título autonómico nos tres tatamis que se instalarán na instalación marinense

Presentación do Campionato Galego de Kick Boxing en Marín Concello de Marín

O vindeiro sábado 17 de febreiro o pavillón marinense do Sequelo vestirá de gala para acoller o Campionato Galego de Kickboxing e Pointfight.

A competición, organizada polo ABP Sport, reunirá a un total de 250 deportistas participantes nas diferentes categorías.

Todos eles competirán nos tres tatamis instalados para a ocasión nunha xornada intensiva que se desenvolverá desde as 10:00 horas da mañá e ata  aproximadamante as 20:00 horas, con descanso de 14:00 a 16:00 horas da tarde.

O evento deste sábado supón a antesala do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de  Kickboxing que se celebrará en Marín o 11, 12 e 13 de maio, no que se espera unha participación que supere o milleiro de deportistas.

A entrada ao pavillón do Sequelo será de balde para o público.