O Campionato Galego de Probas Combinadas, próximo reto para a Gimnástica

Pontevedra
08 de xaneiro 2015

O módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo acolle a primeira proba da tempada en pista cuberta

Atletas da Gimnástica no Galego de Probas Combinadas 2014 Sociedad Gimnástica

A tempada oficial baixo teito iníciase este fin de semana para a Sociedad Gimnástica co Campionato Galego de Probas Combinadas.

O módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera acollerá a competición por segundo ano consecutivo.

Ata alí desprazaranse varios atletas da Gimnástica, como Santi Ferrer e Sandra Carballo, que buscarán revalidar o título logrado por ambos os dous hai un ano.

Darío Costas é favorito ao triunfo en categoría júnior, mentres Marco Martínez e María Jiménez loitarán polo podio na categoría cadete.

Pola súa banda en vetarnos Francisco Quintans intentará repetir o primeiro posto de que logrou en 2014.