O Campionato Iberoamericano, novo reto para Jean Marie Okutu

Marín
23 de agosto 2018

O atleta marinense afrontará este sábado 25 de agosto unha nova cita internacional no Campionato Iberoamericano de atletismo que se celebra na localidade peruana de Trujillo

Jean Marie Okutu antes de adestrar no CGTD PontevedraViva

Despois da súa participación no Campionato de Europa Absoluto ao aire libre, no que non logrou clasificarse para a final, Jean Marie Okutu afronta esta fin de semana unha nova cita internacional.

Faio no Campionato Iberoamericano de Atletismo que se celebrará do 24 ao 26 de agosto na localidade peruana de Trujillo.

O atleta marinense é un dos 25 atletas que compón a Selección Española para esta cita, na que aspira a pelexar polos postos de podio no salto de lonxitude e a superar o seu mellor rexistro esta tempada (8,01 metros).

Okutu comparecerá no tartán do Estadio Chan Chan de Trujillo este sábado, nun concurso de lonxitude que se inicia xa na súa fase final.

En Perú tamén se atopa a canguesa Solange Pereira, que participará na proba dos 1.500 metros fixada do mesmo xeito para a xornada de sábado.