O Challenge de Daytona, "motivación importante" a curto prazo para Pablo Dapena

Pontevedra
30 de maio 2020

O deporte está a volver aos poucos á normalidade, con todo, as competicións mundiais e nacionais de tríatlon seguen cancelándose ou pospoñéndose. A pesar diso, o  Challenge de  Daytona está previsto que se celebre o 5 de decembro, e Pablo Dapena ve nel unha "motivación importante" para acabar o ano

Pablo Dapena no Challenge Cape Town
Pablo Dapena no Challenge Cape Town

O deporte está a volver aos poucos á normalidade, con todo, as competicións mundiais e nacionais de tríatlon seguen cancelándose ou pospoñéndose.

Unha delas é o Mundial de tríatlon de longa distancia, gran obxectivo do ano para o pontevedrés Pablo Dapena, medallista de ouro e prata nas dúas últimas edicións.

Outra das competicións que se moveu, foi o Mundial Ironman 70.3 de Taupo, en Nova Zelandia, e con ambas as citas pospostas o 2020 quedouse sen grandes retos para os triatletas.

"No hay mundiales pero siempre hay pruebas de Challenge", destaca Pablo Dapena, que ve no de Daytona, que se celebrará o 6 de decembro deste ano, unha "motivación importante" a curto prazo.

En canto á preparación, o triatleta ten "tiempo de sobra. No estamos en una pretemporada, tenemos la base de las competiciones disputadas en invierno", explica.

Aínda así, a volta á normalidade está a ser lenta para o pontevedrés, sobre todo en natación "hay que ir adaptando el músculo poco a poco", xa que tantos días parado supúxolle que coller o ritmo alto de competición, cústelle un pouco máis recuperalo.

A pesar diso, sente ambicioso cos pequenos retos de final de ano que lle servirán de preparación para afrontar o Challenge de Daytona e optar ao premio dun millón de dólares que leva o gañador.