Na súa segunda edición foron 263 os corredores anotados no Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP), composto por seis probas repartidas ao longo do ano.
Aínda queda moito para chegar ao obxectivo dos 500 participantes, pero o incremento foi notable en relación ao seu primeiro ano.
Con respecto ao 2014 o CCCP pechouse este sábado cunha gala de entrega de premios celebrada no Pazo da Cultura presidida polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e presentada polo xornalista de PontevedraViva Ramiro Espiño.
Os gañadores do circuíto nas diferentes categorías foron:
- Sénior: Iván Docampo e Leticia Fernández.
- Veteranos 1: Abel Barros e Susana Chaves.
- Veteranos 2: Rafael Fuentes e Ana Belén González.
- Veteranos 3: Anxo Barros e Mercedes Fernández.
- Veteranos 4: Javier Chamosa e Marisol Latorre.
- Veteranos 5: Domingos Abal e Celina Rodríguez.
- Veteranos 6: Manuel Pérez.
- Veteranos 7: Francis Javier Pérez.
- Compensada: Rafael Fuentes e Leticia Fernández.
- Equipos: Veteranos de Galicia 1.