O Cisne alonga a súa boa racha ante o Adrianenc (27-32)

Pontevedra
10 de novembro 2018

O cadro pontevedrés consegue plantarlle cara ao equipo catalán nun partido que se presentaba moi igualado

O Cisne ante o Puerto Sagunto no CGTD
O Cisne ante o Puerto Sagunto no CGTD / Diego Torrado

Prevíase un partido moi igualado en Barcelona. O Sant Marti Adrianenc, equipo recentemente ascendido e que, a priori, sobre pizarra non supoñía unha gran ameaza para o resto de plantillas, chegaba ao encontro invicto en casa. Xa se o empate contra o Nava na segunda xornada auguraba a dificultade que implicaría vencerlles no seu campo, a posterior vitoria contra o Barça B acabábao de confirmar.

Pola súa banda, o Cisne non queda atrás. Pouca xente esperábase o tan bo arranque ligueiro que está a ter. Todo isto xunto presentaba un choque moi compensado e un resultado difícil de predicir.

Empezaron os pontevedreses bastante erráticos en ataque, sobre todo para portería, feito que aproveitou o equipo local para sacar unha vantaxe de tres goles en pouco máis de 8 minutos. Con todo, e afortunadamente, souberon sobrepoñerse. Con paciencia arriba e apoiados, unha vez máis, en fantásticas paradas de  Juán Novás, non só lograron igualar o partido, senón que conseguiron darlle a volta e irse ao descanso cun tanto de vantaxe.

A destacar a reincorporación de Alberto Casares, xogador imprescindible e que, poco a poco, vai superando a súa lesión no ombro esquerdo.

A segunda parte, moito mellor, e esta vez desde o principio. Os visitantes foron ampliando a súa vantaxe e, aínda con algún pequeno susto onde parecía que o  Adrianenc podíase achegar, lograron pechar o partido con autoridade.

Alonga o Cisne, así, unha racha de catro vitorias consecutivas que o colocan terceiro na táboa.

Para acabar, un dato reseñable é a aposta de Jabato por seguir dando minutos aos máis novos. E non lle está indo nada mal. Hoxe, por exemplo, destacou  Guilherme (5 goles), que, con tan só 19 anos, vai logrando poco a poco facerse un oco e gozar cada vez de máis protagonismo.

Consulta a acta do Sant Mart Adrianenc-Cisne.