O Cisne empata ante Los Dólmenes e suma sete partidos sen perder (32-32)

Pontevedra
24 de novembro 2018

Despois de cinco vitorias consecutivas, o cadro pontevedrés empata ante o equipo malagueño nun encontro intenso ata o final

O Cisne logra a súa terceira vitoria consecutiva ante o Puerto Sagunto
O Cisne logra a súa terceira vitoria consecutiva ante o Puerto Sagunto / Diego Torrado

Partido non apto para cardíacos o que se viviu esta fin de semana no municipal Fernando Arguëlles. Puido gañar Los Dólmenes, case gaña o Cisne e terminou en empate.

Primeiro tempo de moitos goles. Sobre todo por parte dos locais, que non atoparon en fronte á mellor versión da defensa cisneísta. Aínda que o equipo local tampouco estivo demasiado acertado nesta faceta durante os primeiros 30 minutos, unha fantástica actuación do seu porteiro, Fernando Torres, marcou a diferenza e fixo que os malagueños marchasen ao descanso cunha cómoda vantaxe de 5 tantos (20-15).

A segunda metade comezou de forma máis positiva para os de Jabato. Un parcial de 3-6 nos primeiros 10 minutos, facían do partido unha especie de ruleta rusa, onde calquera dos dous equipos podía levar a vitoria.

Finalmente, terminou o encontro, quizais, co resultado máis xusto posible para ambos: un empate con sabor agridoce (32-32).

Consulta a acta completa do Los Dólmenes-Cisne