Todo apuntaba a iso cando se confirmou hai só uns días a súa desvinculación da Sociedad Deportiva Teucro, pero este luns fíxose oficial.
Ángel Iglesias é novo xogador do Dicsa Modular Cisne, tras chegar a un acordo co club pontevedrés ata final de tempada.
O extremo achegará así a súa experiencia na Liga Asobal para tentar lograr a permanencia na máxima categoría, tras defender os primeiros meses da tempada a elástica do Teucro na División de Honra Prata. Iglesias regresara ao Teucro para "botar unha man", recoñeceron entón, ao volver a Galicia dende o Sinfín cántabro para completar as súas prácticas universitarias.
Jabato xa ten desta forma ao seu segundo reforzo invernal, tras Oleksander Nekrushet, ao que se suma a volta ás pistas de Gonzalo Carró tras a súa lesión.
Ángel Iglesias sinalou tras a súa fichaxe o seu agradecemento "tanto a la directiva como al cuerpo técnico la confianza depositada en mí y desde hoy mismo lucharemos y trabajaremos para conseguir el deseado objetivo".