O Cisne encoméndase ao Municipal para recibir ao líder Zamora

Pontevedra
16 de decembro 2016

O equipo pontevedrés cambia de escenario e se muda ao Pavillón Municipal para recibir este sábado (20:00 horas, TVG2) ao actual líder da División de Honra Prata de balonmán coa ilusión de manterse na pelexa pola sexta praza

Afeccionados do Cisne nas bancadas do Municipal no partido ante o Teucro Diego Torrado

Partido grande o deste sábado para o Club Cisne na última xornada do ano, na que recibe ao actual líder da División de Honra Prata, o Zamora, coa intención de seguir pelexando pola sexta praza da clasificación.

O equipo pontevedrés cambia de cancha e xogará no Pavillón Municipal dos Deportes (20:00 horas, TVG2) convencido de que non afectará os seus xogadores, moi motivados, e á fortaleza que está a exhibir como local esta tempotada.

"Sabemos que tenemos que hacer un gran partido para ganar", recoñece Jabato enxalzando o nivel defensivo do cadro zamorano, o menos goleado da competición.

Por iso unha das claves será "que ellos no puedan formar su defensa y hagamos ataques rápidos", sinala o técnico cineísta.

O Zamora viaxa a Pontevedra sen baixas no seu plantel, mentres o Cisne, con Álex Chan recuperado, só contará coa ausencia de Andrés Sánchez.

Para tentar lograr un bo ambiente no Municipal, a directiva pontevedresa permitirá aos xogadores da base convidar a un adulto ao partido. Arbitrarán o encontro o colexiado estremeño Vinagre Vázquez e o andaluz García Sánchez.