Carlos Pombo volve á que foi a súa casa durante tres tempadas, o Club Cisne Balonmán, para vivir a que será a tempada de debut do club pontevedrés na Liga Asobal.
A entidade cisneísta fixo oficial este luns o que xa era un segredo a voces, converténdose na primeira fichaxe do equipo despois dunha longa rolda de renovacións.
O lateral dereito, formado na canteira do Teucro e que actualmente defendía ao Atlético Novás en División de Honra Prata, asegurou que "estou moi ilusionado de volver a casa e de afrontar o gran reto que temos por diante".
FICHAJE |Comenzamos semana anunciando de forma oficial el primer fichaje del equipo de cara a esta ilusionante aventura en @ASOBAL. Se trata del lateral zurdo Carlos Pombo @CPombo5 que regresa a la que fue su casa durante 3 temporadas ¡Bienvenido! #SomosCisne #SomosAsobal pic.twitter.com/6IRcf82KI0
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 22, 2020
Pombo ponse así ao dispor de Jabato nun plantel que por agora completan Álex Chan, Alejandro Conde, Álvaro Prezado, Pablo Gayoso, Dani López, Jose Leiras, Iván Calvo e o gardameta Jorge Villamarín.
A intención do Cisne é completar as renovacións con homes como Andrés Sánchez, Daniel Ramos, Chapela, Javier Vázquez e Pablo Picallo e pechar dúas incorporacións máis, a do pivote Gonzalo Carró e o dun xogador máis para a primeira liña.