O Cisne paga coa derrota en Irún (33-25) o seu baixón de xogo antes do descanso

Pontevedra
17 de outubro 2015

Era posiblemente un dos desprazamentos máis complicados da tempada. O Cisne visitaba en Artaleku a un Bidasoa firme que comanda a táboa e conta os seus partidos por vitorias, confirmando a súa condición de favorito ao ascenso. Os de Edín Covelo competiron, pero pagaron moi caro unha profunda fochanca de xogo e efectividade en ataque no últimos dez minutos da primeira parte

Partido entre Cisne e Grupo Covadonga no CGTD
Partido entre Cisne e Grupo Covadonga no CGTD / Diego Torrado

Era posiblemente un dos desprazamentos máis complicados da tempada. O Cisne visitaba en Artaleku a un Bidasoa firme que comanda a táboa e conta os seus partidos por vitorias, confirmando a súa condición de favorito ao ascenso. Os de Edín Covelo competiron, pero pagaron moi caro unha profunda fochanca de xogo e efectividade en ataque no últimos dez minutos da primeira parte.

O equipo pontevedrés mantivo o tipo e mesmo tivo mínimas vantaxes no primeiros vinte minutos, aos que se chegou con empate a nove goles no marcador. Pero aí empezou o problema para o Cisne. En apenas oito minutos o Bidasoa fixo un parcial de 6-0 para situarse 15-9 e romper o partido, mesmo a pesar da exclusión de Adrian Crowley cun 2+2, que foi incapaz de aproveitar o cadro visitante para achegarse no marcador.

A vantaxe irundarra o descanso non era definitiva (15-11). Incluso o Cisne achegouse a tres goles nada máis renovarse o xogo. Foi un espellismo. Bidasoa fixo un novo parcial de 3-0 para situarse cun 18-12 (minuto 34), que xa sería insalvable.

A partir de aí as diferenzas mantivéronse, crecendo lixeiramente ata ese 33-25 final, que hai que considerar xusto, nun partido no que o Cisne tivo en Álex Chan ao seu máximo anotador, con seis goles.

Consulta aquí as estatísticas completas do partido.