"Coger buena forma física y empezar con buen pie" é o obxectivo principal do Club Cisne Balonmano para esta pretemporada segundo o seu adestrador, Jabato.
Co persoal da tempada pasada e as tres novas incorporacións, o Cisne buscará consolidarse e fortalecerse mellorando o fallado en anos anteriores e así manter, un ano máis, a categoría en División de Honra Prata.
O 14 de agosto enfrentarase ao Teucro B para disputar o pase á seguinte fase da Copa Galicia, competición que intercalarán con amigables contra equipos de Asobal e da súa categoría para así competir a un bo nivel esta tempada que dará comezo o 15 de setembro.
O primeiro será un atractivo derbi na cancha do Atlético Novás adestrado por Quique Domínguez. Unha semana despois, o 22 de setembro, producirase o debut en casa ante Alarcos Ciudad Real.