Comeza o bo para o Club Cisne Balonmán.
A entidade pontevedresa conta as horas para estrear unha nova e ilusionante tempada, na que buscará loitar polos postos altos da División de Honra Prata e, por que non, pensar en recuperar un posto na Liga Asobal.
O cloque cisneísta, encabezado de novo esta tempada desde o banco por Javier Fernández 'Jabato', debutará este sábado 16 de setembro (18.30 horas) recibindo no Pavillón Municipal dos Deportes o Unión Financeira Oviedo, dous equipos que xa protagonizaron un axustado duelo no recente Trofeo Peregrina, con triunfo local por 23-21.
Esta en todo caso será outra historia, e xa cos mundialistas do Cisne no equipo.
Mentres esa cita non chega, o plantel branco e o seu corpo técnico protagonizou este martes a súa presentación oficial cun acto celebrado na Praza Domingo Fontán, xunto á ponte do Burgo.