O Cisne viaxa a Córdoba co vento ao seu favor

Pontevedra
04 de outubro 2019

Los de Jabato se enfrentan a un recién ascendido con el objetivo de sumar su cuarto triunfo consecutivo

Partido de Copa do Rei entre Cisne e Teucro no Pavillón Municipal Diego Torrado

O Cisne está nun momento doce. Os brancos contan os seus partidos por vitorias e a pasada fin de semana saíron vencedores do duelo pontevedrés ao eliminar ao Teucro da Copa do Rey. Con ese vento a favor os de Jabato viaxan a Andalucía para medirse ao recentemente ascendido Córdoba (20.30 horas) e facerse coa terceira vitoria consecutiva. 

Aínda que son conscientes de que sumar puntos fóra de casa sempre é complicado nesta categoría, os brancos confían nas súas opcións para superar ao cadro local. Aínda así, o Córdoba, que suma unha vitoria e unha derrota ten potencial para complicarlle a vida ao Cisne. "Trátase dun equipo recentemente ascendido, pero que fixo cinco boas incorporacións. En ataque, teñen unha moi boa primeira liña. Teremos que defender moi ben se queremos sacar algo positivo de alí”, sinala o segundo adestrador do equipo, Marcos Otero

Neste sentido, advirte Otero que, a pesar do mal arranque ligueiro "gañaron fóra de casa a Palma del Río e tamén ao Villa de Aranda, un dos favoritos desta liga", conclúe