O Club Baloncesto Arxil encesta pola igualdade

Pontevedra
09 de marzo 2018

Todas as xogadoras das diferentes categorías do club pontevedrés participaron na elaboración dun mural nun acto simbólico polo Día Internacional da Muller

Acto do Arxil no Día Internacional da Muller CB Arxil

Un dos clubs deportivos feminino cun maior número de fichas federativas da comarca, o Club Baloncesto Arxil, non podía deixar pasar sen máis o Día Internacional da Muller.

A entidade pontevedresa protagonizou un acto no Pavillón Universitario, onde habitualmente adestran os seus equipos, no que participaron xogadoras das diferentes categorías do club.

Todas as deportistas do Arxil deixaron a súa pegada pola igualdade nun mural creado para a ocasión.

Baixo o lema 'Erras o 100% dous tiros que non  as, encesta pola igualdade', as verdes quixeron poñer o seu gran de area nunha xornada marcada pola reivindicación da mulleres.