O Club In Mare de ximnasia rítmica destaca no Campionato Galego de Promoción

Marín
13 de xuño 2017

O club marinense regresou como subcampión da competición celebrada no Pavillón Municipal do Carballiño

Campionato Galego de Promoción de ximnasia rítmica
Campionato Galego de Promoción de ximnasia rítmica / Club In Mare

A localidade ourensá do Carballiño foi escenario do Campionato Galego de Promoción de ximnasia rítma, con destacado papel do Club In Mare.

O club marinense concluíu a competición como subcampioas galegas, despois de subir ao podio ata en catro ocasións.

Foron campións nas súas categorías o conxunto benxamín escolar, o conxunto alevín de promoción e tamén Ada González na competición individual alevín. Ademais o equipo alevín de promoción foi segundo.

Uns resultados que reforzan o traballo do In Mare e supón un premio ao esforzo e contancia das ximnastas.

No Campionato Galego de Promoción participaron clubs de toda Galicia como As Triscas e Treboada de Pontevedra, Saraiba de Poio, Escola Ximnasia Arousa, Rítmica Salnés, Ximnasia Pavillón, Club Ximnasia Tempo, Club Maniotas, Santiago Apóstolo, Club Ximnasia Acordes ou Club Esquío, entre outros.