O Club Waterpolo Santiago, rival do Galaico nas semifinais polo título autonómico

Pontevedra
24 de marzo 2015

O equipo pontevedrés impúxose na última xornada da liga regular ao Marina Ferrol por un claro 6-14

Partido entre Waterpolo Galaico e Marina Ferrol no CGTD Diego Torrado

O Club Waterpolo Galaico xa ten rival para o play-off polo título da Liga Galega Absoluta de 1ª División.

O equipo pontevedrés, tras rematar terceiro a liga regular, enfrontarase en semifinais ao CW Santiago, que terá o factor cancha ao seu favor, mentres o outro emparellamento o disputarán CN Coruña e Marina Ferrol.

Precisamente ante o equipo ferrolano despediu o Galaico a liga regular, e fíxoo cun contundente triunfo a domicilio (6-14) que lle fai recobrar a confianza de cara ao decisivo tramo final da tempada.

O partido comezou costa arriba para os de Javi de Sáa, cun 4-2 para os locais ao inicio do segundo cuarto, pero pouco a pouco o Galaico mellorou en defensa e en ataque para rematar impoñéndose sen angustias.

MARINA FERROL (6): Bernárdez, Sanz (1), Tellado (1), Castromil, Bouza (1), Lage, Montes (1), Uria (2), Rey, Bonome, Orjales. 

CW GALAICO PONTEVEDRA (14): Raúl, Rober (2), Aarón (2), Rubén, Kike (1), Miguel, Pablo (1), Andrés (1), Juanjo (2), Iago, Bran (4), Juan (1).

Parciais: 3-2, 2-4, 1-4, 0-4.