O Consello Superior de Deportes ratifica as prazas de Teucro e Cangas en ASOBAL

Pontevedra
31 de xullo 2015

O Consello Superior de Deportes (CSD) referendou a posición da Federación Española e a Asociación de Xogadores, que hai uns días na Comisión de Seguimento votaron dous a un, coa oposición de Asobal, por manter os dereitos deportivos dos equipos galegos na máxima categoría

Adestramento do Teucro no Municipal
Adestramento do Teucro no Municipal /

Rematou a telenovela. Sociedad Deportiva Teucro e Balonmán Cangas competirán a próxima tempada na Liga Asobal.

O Consello Superior de Deportes (CSD) referendou a posición da Federación Española e a Asociación de Xogadores, que hai uns días na Comisión de Seguimento votaron dous a un, coa oposición de Asobal, por manter os dereitos deportivos dos equipos galegos na máxima categoría.

Carlos García-Alén: "Estábamos tranquilos por el apoyo que tuvimos desde el principio de la Federación Española"

Así llelo trasladaron na mañá deste venres aos clubs implicados, que no caso do Teucro se mantiñan "tranquilos por el apoyo que tuvimos desde el principio de la Federación Española", sinalou o seu presidente, Carlos García-Alén.

O CSD apoiou ademais que se manteña unha liga de 16 en Asobal, o que deixaría sen efecto as convite que a liga trasladou a Zamora e Gijón tras a polémica decisión da súa asemblea de axcluir a Teucro e Cangas.