O Teucro iniciará a liga o 5 de setembro na casa ante o Guadalajara

Pontevedra
11 de agosto 2015

Os azuis xa coñecen o calendario competición da Liga Asobal tras o sorteo celebrado este martes. Rematarán a liga tamén na casa ante a Huesca. O derbi ante o Cangas, na penúltima xornada

Adestramento do Teucro no Municipal
Adestramento do Teucro no Municipal /

A Sociedad Deportiva Teucro xa coñece o calendario de competición da Liga Asobal na tempada do seu retorno á máxima categoría do balonmán nacional.

O sorteo celebrado este martes deparou que a estrea dos azuis se produza na casa, o día 5 de setembro ante o Guadalajara, malia que o desexo dos pontevedreses era arrancar fóra para non coindicir cos partidos do Cisne.

Unha semana despois os de Quique Domínguez afrontarán o seu primeiro desprazamento en terras cántabras ante o tamén recén ascendido Go Fit Sinfín.

Pola súa banda o derbi ante o Cangas deberá esperar á penúltima xornada, sendo o primeiro partido en Pontevedra (9 de decembro) e a volta no Morrazo (25 de maio), mentres a visita do todopoderoso Barcelona ao Pavillón Municipal dos Deportes se producirá na xornada 26, o día 30 de abril.

A competición pecharase para o Teucro tambien na casa recibindo o 4 de xuño ao Huesca.

Consulta aquí o calendario completo da liga.