Os 'guerreiros azuis' preséntanse ante a súa afección convencidos das súas posibilidades

Pontevedra
19 de agosto 2015

A Sociedad Deportiva Teucro realizou este martes a presentación oficial do equipo na 'súa' praza, a que leva o seu nome, ante un bo números de afeccionados nun sinxelo acto

Presentación oficial do Teucro 2015/2016
Presentación oficial do Teucro 2015/2016 /

Convencidos de realizar un bo papel e prometendo "pelexar cada partido". Esa é a idea que transmitiron este martes xogadores e corpo técnico da Sociedad Deportiva Teucro na súa presentación oficial.

A 'súa' praza, a que que leva o seu nome en pleno centro histórico, foi de novo o lugar elixido para achegarse aos seus afeccionados, que puideron coñecer de primeira man aos recén chegados e ao resto de xogadores, os que deben facer honra ao alcume de 'guerreiros azuis' polas canchas da máxima categoría.

Presidente, adestrador e o capitán do equipo, Carlos García, dirixíronse ao público presente nun sinxelo acto no que os xogadores foron presentados un a un.

Agora os azuis céntranse na súa preparación de cara ao debut ligueiro do 5 de setembro ante o Guadalajara, e fano encarando este sábado 22 de agosto o seu terceiro amigable da pretempada, o primeiro no Pavillón Muncipal de los Deportes.