Estrea con triunfo (30-31) do Teucro sobre o ABC Braga no primeiro amigable en Tui

Pontevedra
09 de agosto 2015

Era só o primeiro amigable da pretempada, case un adestramento máis, pero sempre é bo que o traballo se vexa acompañado de vitorias. Conseguiuno o Teucro en Tui fronte ao un rival sempre complicado como o ABC Braga, despois de dominar con autoridade na primeira parte, para ver como o conxunto portugués restablecía a igualdade na segunda, aproveitando o lóxico baixón físico dos azuis

Víctor Rodríguez nunha acción do Teucro-ABC Braga na pretempada 2014-2015
Víctor Rodríguez nunha acción do Teucro-ABC Braga na pretempada 2014-2015 /

Era só o primeiro amigable da pretempada, case un adestramento máis, pero sempre é bo que o traballo se vexa acompañado de vitorias. Conseguiuno o Teucro en Tui fronte ao un rival sempre complicado como o ABC Braga, despois de dominar con autoridade na primeira parte, para ver como o conxunto portugués restablecía a igualdade na segunda, aproveitando o lóxico baixón físico dos azuis.

Con moi poucas sesións de adestramento, os de Quique Domínguez mostráronse como un equipo moi serio en defensa e pronto tomaron a dianteira no marcador, deixando ao Braga en só dous goles ao chegarse ao ecuador do primeiro tempo, para rematar retirándose o descanso cunha cómoda renda de cinco goles (9-14).

Na reanudación, entre a menor intensidade física e a repartición de minutos entre todos os xogadores, os portugueses achegáronse pronto, neutralizando a diferenza a falta de quince minutos. A partir de aí as igualadas e vantaxes mínimas sucedéronse, pero o Teucro foi máis efectivo para rematar levándose a súa primeira vitoria da pretempada.