O desconto volve amargar ao Pontevedra ante o Fabril (2-2)

Pontevedra
01 de novembro 2017

Os granates perderon dous puntos no tempo de desconto despois dun partido sen brillo, pero no que se puxeron en vantaxe ata en dúas ocasións. Na segunda metade os de Luisito buscaron aguantar o resultado, non dispararon nin unha soa vez a portería e foron castigados case na última acción do encontro

Partido entre Pontevedra e Farbil en Pasarón Diego Torrado

Outra vez o maldito desconto. Case na última acción do partido o Pontevedra perdeu dous valiosos puntos ao ver desde a impotencia como o Fabril facía con xustiza o empate (2-2).

Chegaba como líder á cita o filial deportivista, e os granates buscaban recobrar a súa moral cun bo resultado. Preto estiveron nun partido de pouco brilloMelloraron a súa imaxe no inicio os de Luisito, con moita seriedade e tirando do que noutras coasiones faltou, a pegada, para tomar vantaxe ata en dúas ocasións.

Dispuxo o técnico dun equipo con moitos cambios e cunha liña de retagarda de circunstancias, con Goldar no lateral destro ocupando o posto dun Miguel que non se recuperou a tempo, e unha parella de centrais inédita ata agora con Mongil e Bruno, volvendo David Castro no costado zurdo. Volvía ademais ao once Álex Fernández para cubrir a ausencia de Kevin e futbolistas como Jorge, Álex González e Etxániz.

Os cambios funcionaron e o encontro converteuse no inicio nunha pelexa no centro do campo. Pasaban poucas cousas, con algún disparo afastado de Jardel para o filial deportivista ou de Etxániz para os locais, sen acerto. Foi así ata que nun chispazo Jorge plantouse man a man con Francis, regateou ao porteiro do Fabril e este derruboulle nun claro penalti.

Añón encargábase de transformar ao fío da media hora de xogo, pero a alegría durou pouco. Só catro minutos despois Romay gañou a liña de fondo pola banda dereita, o seu centro desviouno Mogil deixándoo morto na área para que Jardel fixese o empate.

O gol pareceu acender aos deportivistas, que adiantaron liñas. Con todo non atopaban acerto nos últimos metros e o que chegaría sería o segundo golpe do Pontevedra. Etxániz gaña un balón aéreo para Álex González, que desde a esquerda pon un balón tenso á área que se pasea tenso ata o segundo pau, onde aparecía o pichichi Añón para facer o segundo, no minuto 43.

Co 2-1 chegábase ao tiemo de descanso, e no segundo acto todo cambiou. O Fabril lanzouse ao ataque desde o primeiro minuto, cos granates fiándose ao seu labor defensivo para reter os res puntos en xogo. Tanto foi así que o Pontevedra non disparou nin unha sóla vez a porta nos segundos 45 minutos.

As ocasións sucedíanse para o Fabril, que a piques estivo de anotar nun desvío de Bruno que se marchou por centímetros. Despois apareceu a figura de Edu Sousa para manter aos de Luisito. O porteiro protagonizou dúas intervencións de gran mérito para desviar un remate de cabeza de Borja Galán e salvar un man a man con Uxío tras unha indecisión de Goldar en defensa.

Era o minuto 74 e aínda que apertaba o cadro visitante empezou a non chegar xa con tanta claridade. Pasaban os minutos e cada vez a vitoria local parecía máis preto, ata que chegou o fatídico tempo de desconto, no que Pinchi xeaba Pasarón empuxando á rede un centro desde o costado zurdo de Ismael.

Non tivo tempo para reaccionar o Pontevedra, que ve para desesperación da súa afección como por segunda xornada consecutiva escápanselle uns puntos importantes no útimo suspiro cortando a ansiada reacción na clasificación da Segunda B.

PONTEVEDRA CF (2): Edu; Mongil, David Castro (Adrián León, minuto 61), Goldar, Bruno, Álex Fernández, Álex González, Jorge (Carlos Ramos, minuto 70), Etxániz, Prosi, Añón (Marcos Álvarez, minuto 82).

FABRIL (2): Francis; Blas, Raúl González, Gaizka, Lucas, Carlos López, Pinchi, Queijeiro, Jardel (Ismael Díaz, minuto 70), Romay (Uxío, minuto 66), Borja Galán (Luis Fernández, minuto 76).

Árbitro: Leandro Carbajales Gómez (Asturias), auxiliado nas bandas por Daniel Novoa Hernández e Nicolás Marinero Noval. Amoestou a Mongil, Bruno e Edu no Pontevedra e a Francis e Borja Galán no Fabril.

Goles: (1-0) Minuto 27: Añón de penalti. (1-1) Minuto 31: Jardel. (2-1) Minuto 43: Añón. (2-2) Minuto 91: Pinchi.

Incidencias: Partido disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante uns 2.000 aficionados.