O equipo da Lama gaña o VII Torneo de Institucións Penais

A Lama
10 de maio 2016

O equipo de internos do penal pontevedrés fíxose co título nacional tras vencer a Murcia II na final disputada na Cidade do Fútbol de Las Rozas

A Lama, campión do VII Torneo de Institucións Penais Federación Galega de Fútbol

Por primeira vez o Centro Penal da Lama conseguiu proclamarse campión do Torneo de Institucións Penais, na súa sétima edición.

O equipo de fútbol composto por internos do centro pontevedrés derrotou a Murcia II na final disputada este luns na Cidade do Fútbol de Las Rozas, propiedade da Real Federación Española de Fútbol, que é quen promove o programa "O Fútbol como Autogestión para a Reinserción de Persoas Privadas de Liberdade", proxecto que recibiu 2014 a medalla de ouro ao Mérito Social Penal polo seu labor cos presos.

No medio do diluvio madrileño, A Lama gañou o torneo na súa primeira final ao impoñerse por 5-3. O equipo do centro pontevedrés comezou moi forte, cun hat-trick de Juan e sendo claramente superiores. Na segunda parte o partido parecía sentenciado, pero dous goles seguidos de Jaramillo puxeron o 4-3 no marcador, dándolle emoción aos últimos minutos. Unha magnífica acción individual de Issam certificou o título para o equipo dirixido por Iñaki Paz.

O capitán da Lama recolleu o trofeo de mans do director de Institucións Penais, Ángel Yuste Castillejo, en presenza do director do centro da Lama e do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

A LAMA (5): Rui, Jose, Juan, Mansur, Edu, David, D. Castro, Issam, Martín, Ferro, Granda. También jugaron: Javi, Presas, Bruno, Xose, Meca. 
 
MURCIA II (3): Loor, Reche, Manuel, César, Julio Ces, Matu, Iván, Calero, Gambín, Jaramillo, Obdulio. También jugaron: Iglesias, Martos, David.
 
Goles: Juan (3), David e Edu pola Lama e Gambín e Jaramillo (2) por Murcia II.