O equipo feminino da Gimnástica pelexará polo ascenso a División de Honra

Pontevedra
21 de maio 2017

As pontevedresas foron segundas do seu grupo na xornada de liga de Primeira División celebrada en Burgos e lograr a permanencia na categoría pola vía rápida. O equipo masculino pola súa banda acudirá á xornada final pola permanencia na División de Honra

Equipo feminino da Gimnástica na segunda xornada de liga en Burgos
Equipo feminino da Gimnástica na segunda xornada de liga en Burgos / Sociedad Gimnástica

O obxectivo da Gimnástica na volta do seu equipo feminino á Primeira División era conseguir a permanencia na categoría, e logrouno pola vía rápida a pesar de ser terceiras do seu grupo na segunda xornada de liga celebrada en Burgos.

As pontevedresas non só garanten a súa continuidade en Primeira, senón que gañaron o dereito para pelexar polo ascenso a División de Honra na xornada final polo título.

En Burgos o vencedor foi o gran favorito, o ISS L'Hospitalet (191 puntos), seguido por Image FDR (174,5), Gimnástica (167,5 puntos) e por último CA Torrent (151 puntos).

O equipo pontevedrés sumou na xornada catro triunfos parciais, os de Joselyn Brea (1.500 e 3.000) e  Claudia Puig (disco e xavelina), superando a lesión de Marta González na pértega nada máis comezar a competición. 

O EQUIPO MASCULINO, Á FINAL POLA PERMANENCIA

Peor lle foron as cousas ao equipo masculino na División de Honra, xa que deberá pelexar na xornada final por evitar o descenso de categoría.

Afrontaban os pontevedreses un enfrontamento moi complicado e víronse relegados á cuarta posición do seu grupo. Primeiro foi as todopoderoso Playas de Castellón (227,5 puntos), mentres nunha rifada pugna Tenerife CajaCanarias foi segundo (158,5 puntos) e Grupoempleo Pamplona terceiro (153 puntos).

A Gimnástica sumou 145 puntos nunha xornada na que só puideron conseguir unha vitoria parcial, a de Carlos Porto nos 1.500 metros.

Con este resultado o equipo masculino da Sociedad pelexará o 10 de xuño por manterse un ano máis na elite do atletismo nacional.