O Galego de Probas Combinadas péchase no CGTD con 10 medallas para a Gimnástica

Pontevedra
29 de maio 2017

A competición celebrouse durante toda a fin de semana na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

Campionato Galego de Atletismo de Probas Combinadas no CGTD
Campionato Galego de Atletismo de Probas Combinadas no CGTD / Diego Torrado

A pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra converteuse durante a fin de semana no centro do atletismo autonómico coa disputa do Campionato Galego de Probas Combinadas.

O balance da competición foi satisfactorio para o club local, unha Sociedad Gimnástica que acumulou dez medallas desde a categoría cadete ata a absoluta.

Un ano máis, Santi Ferrer volveu proclamarse campión galego absoluto de decatlón en categoría absoluta, superando por algo máis de 100 puntos ao seu compañeiro de equipo Darío Costas, con molestias nun cóbado.

Pola súa banda tamén na categoría absoluta Andrea González conseguiu a medalla de prata e Paula Martín subiu ao terceiro caixón do podio, con só 35 puntos de diferenza entre ambas.

Nas idades júnior e promesa coroáronse Andrea González e Marina Porteiro, respectivamente, así como Darío Costas, sendo os tres os mellores das súas categorías. En xuvenís Pablo Tojal proclamouse campión galego no decatlón e en cadetes Raúl Cortizo e Yago Boleas foron campión e subcamepón galego.