O equipo feminino do GV Sports, campión galego de dúatlon contra o reloxo

Pontevedra
16 de marzo 2015

O Monte Abaixo de Poio foi terceiro na proba masculina dun campionato celebrado na localidade coruñesa de Vedra

Equipo feminino do GV Sports no podio do Campionato Galego de Dúatlon

A localidade coruñesa de Vedra acolleu o primeiro Campionato Galego de Dúatlon Contra o Reloxo por Equipos con máis de 300 duatletas.

Un total de 55 equipos tomaron parte dunha competición que en categoría feminina estivo dominada polo GV Sports pontevedrés (1:16:48)

Composto por por Lara Lois, Sonia Pariente, Marga Villaverde, María Coya e Mariña Ramos o GV Sports marcou a diferenza no tramo de ciclismo impoñéndose por diante do Arcade Inforhouse (1:19:53) e NosportLimit-Trek Galicia (1:20:00).

En categoría masculina o Monte Abaixo de Poio foi terceiro (1:01:06) só superado polo Artrogal Tri-498 (1:00:39) e o gañador, o Arcade Inforhouse de Santiago (59:09).

A competición por equipos desenvolveuse nun percorrido de 5 quilómetros a pé, 20 en bicicleta e 2,5 quilómetros finais de novo a pé.

Os equipos, que saíron de xeito graduado cada minuto, estaban formados por un grupo de catro a seis deportistas, contando en meta o tempo do cuarto integrante do club.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora