O equipo infantil feminino do Poio FS revalida en Murcia o seu título de campión de España

Poio
22 de xuño 2015

O conxunto vermello impúxose na final ao equipo local, o Alcantarilla, logrando o seu segundo título de xeito consecutivo

Equipo infantil feminino do Poio FS tras proclamarse campión de España 2015 en Alcantarilla
Equipo infantil feminino do Poio FS tras proclamarse campión de España 2015 en Alcantarilla

A canteira do Poio Fútbol Sala volveuno facer. Unha vez máis pode presumir de contar cun equipo campión de España, despois da grande actuación do seu equipo infantil feminino na competición celebrada en Alcantarilla, Murcia.

Por segundo ano consecutivo as infantís do conxunto vermello leváronse o título nacional tras vencer nesta ocasión na final ao conxunto local, o Alcantarilla FSF, nun choque que dominaron dende o inicio (7-2).

O Poio protagonizou un brillante campionato tras chegar á final invicto e tras superar con claridade todos os seus partidos.

Na fase de grupos as galegas desfixéronse do CD Orvina por 9-3, do Futsi Atlético Féminas por 6-1 e do Figueruelas por 10-1.