Terceiro título nacional consecutivo para o equipo cadete feminino do Poio FS

Poio
29 de xuño 2015

As vermellas defenderon con éxito a súa coroa no Campionato de España celebrado na localidade almeriense de Níjar. Venceron na final ao Roldán por un apertado 2-1

Equipo cadete do Poio tras gañar o Campionato de España en Níjar
Equipo cadete do Poio tras gañar o Campionato de España en Níjar / Poio FS

Volvérono facer. Por terceiro ano consecutivo o equipo cadete feminino do Poio Fútbol Sala proclamouse campión de España.

O equipo vermello defendeu con éxito a súa coroa na localidade almeriense de Níjar vencendo nunha apertada final ao Roldán por 2-1, seguindo os pasos das infantís, que tamén se proclamaron hai uns días campioas nacionais.

As galegas dominaron o choque adiantándose no marcador, pero cando acariciaban a vitoria o Roldán empatou o partido. Faltaba minuto e medio pero apareceu Teresa para, a pouco máis de 20 segundos para o final, facer o gol definitivo.

A canteira do Poio volveu brillar e suma nos últimos tres anos cinco entorchados nacionais.

En semifinais as vermellas gañaran ao Móstoles por un resultado de 5-3.