O equipo masculino da Gimnástica gaña por terceiro ano consecutivo a Copa Galicia en Pista Cuberta

Pontevedra
19 de xaneiro 2015

As rapazas do club pontevedrés finalizaron na terceira posición na competición celebrada no Pazo de Deportes de Riazor, na Coruña

Equipo da Gimnástica na Copa Galicia 2014 Sociedad Gimnástica

A Sociedad Gimnástica foi o mellor club da Copa Galicia en Pista Cuberta celebrada no Pazo de Deportes de Riazor, na Coruña.

O club pontevedrés sumou 78 puntos por 12 do Celta de Vigo e 60 do Coruña Comarca.

En categoría masculina a Gimnástica fíxose co título por terceiro ano consecutivo, destacando as vitorias parciais de Manuel Molinos en altura, Víctor Gallego en peso, Santi Ferrer en pértega e Darío Costas en 50 metros lisos.

Pola súa banda o equipo feminino deu un paso adiante logrando subir ao podio na terceira posición, sen triunfos parciais pero si con cinco segundos postos.

A fin de semana de competicións completárona os equipos infantil masculino e alevín feminino conseguindo a victora na Liga Galega Escolar Federada.