O equipo sub-18 do PRC gaña a liga galega e pensa xa no Campionato de España

Pontevedra
12 de abril 2016

O Pontevedra Rugby Club Sub-18 asegurouse o título de liga tras vencer a Os Ingleses de Vilagarcía por 29-36, gañando o dereito para participar no próximo Campionato de España

Partido do equipo sub-18 do Pontevedra Rugby Club
Partido do equipo sub-18 do Pontevedra Rugby Club

O equipo sub-18 do Pontevedra Rugby Club pode presumir desde a pasada fin de semana de título de campión da Liga Galega, tras vencer nun apertado partido no campo de Os Ingleses de Vilagarcía (29-36).

O PRC tiña que vencer no último partido da competición para asegurarse o titulo ante a persecución do CRAT Coruña.

Os pupilos de César Zuazua só cederon un partido ao longo da tempada. Foi na casa do seu perseguidor.

Agora, co título no peto, o equipo formado por xogadores e xogadores de 16 a 18 anos céntrase no tramo final de curso na Copa Xunta e tamén no Campionato de España, competición na que gañaron o dereito de participar pero na que xogarán ante rivais a priori máis fortes que os da liga Galega.