A Sociedad Deportiva Teucro segue dando pasos para completar o seu persoal para a próxima tempada. O último en chegar, ata o de agora, é o extremo esquerdo Ricardo González.
Este xogador de 19 anos formouse na base do Club Balonmán Cisne, onde comezou a súa andaina deportiva con tan só sete anos. Non cambiou de aires ata a pasada tempada, na que fichou polo Balonmán Artai de Poio.
"Ficho no Teucro porque é un equipo con xente de casa e xogadores novos e é o ideal para min nestes momentos", destacou González, para o que "o que máis me gusta é que é un proxecto que aposta por xente nova e que nos axuda a crecer como xogadores".
O club apunta que se trata dun xogador que destaca pola súa mocidade e por unha calidade demostrada "en varias facetas do xogo", sobre todo na súa eficacia para portería e na súa gran velocidade na saída ao contraataque.
A fichaxe de Ricardo é unha aposta de futuro para o extremo esquerdo, xa que asina por un ano con opción doutro ano de continuidade a decisión da entidade teucrista.