A provincia de Pontevedra "sempre tivo unha tradición e unha historia potentísima de grandes figuras do ciclismo", asegura a presidenta da Deputación, na que desempeñou un importante papel nos últimos 29 anos un equipo como o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
Carmela Silva recibiu este martes de mans do director do equipo, Evaristo Portela, e do ciclista Martín Lestido, o maillot de campión da Volta Galicia como recoñecemento ao apoio da institución ao longo do ano.
Gañar a Volta no mes de setembro foi o colofón á tempada do equipo alimenticio, que xa pensa no que será o seu 30 aniversario dentro do pelotón, convertido na segunda escuadra máis veterana a nivel nacional.
"O Supermercados Froiz é unha bandeira para a nosa provincia. Representa a imaxe de deporte que a provincia quere dar", asegurou a presidenta provincial.
Evaristo Portela sinalou pola súa banda que a Volta a Galicia "era o gran obxectivo da tempada e todo o equipo traballou moitísimo para lograla", e recoñeceu que preparan unha sorpresa para involucrar a toda a cidade concidiendo cos seus 30 anos de vida.
Ao acto acudiu tamén o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, ademais da deputada de Deportes, Chelo Besada.