A xeira negativa do Grupo Deportivo Supermercados Froiz parece quedar atrás xusto cando están a piques de afrontar o principal obxectivo da parte final de ano, a Volta a Galicia que arrinca o mércores 14 de setembro en Noia.
O equipo alimenticio regresa coas pilas cargadas da súa participación na Vuelta a Cantabria, na que foi un dos grandes animadores.
O seu corredor Sergio Míguez levou a segunda etapa da carreira pero non puido manter a camisola de líder na cronoescalada do último día. Finalizou no terceiro posto da xeral e levou o premio ao ciclista máis combativo da carreira.
Míguez fixo un boa crono, sendo duodécimo a 6 segundos do vencedor (Chava Angulo, do Liébana Gomur), pero viu como dous rivais superábanlle na xeral. Ademais Joao Araújo quedou a dous segundos do vencedor da contrarreloxo.
Sen descanso o Froiz iniciou este luns unha breve concentración para preparar a rolda po etapas galega, na que ten depositadas moitas esperanzas.