O Galaico mantén a súa hexemonía na natación galega

Pontevedra
01 de maio 2018

O club pontevedrés revalidou a fin de semana en Ourense o seu título de campión da liga Galega de División de Honra, confirmando o dominio mostrado ao longo de toda a tempada

Equipo do Galaico tras vencer na Liga Galega de División de Honra
Equipo do Galaico tras vencer na Liga Galega de División de Honra / Club Natación Galaico

O Club Natación Galaico cumpriu a pasada fin de semana cun dos seus principais obxectivos da tempada, manterse como mellor equipo galego.

A entidade deportiva pontevedresa revalidou en Ourense o título de campión da Liga Galega da División de Honra, confirmando o dominio mostrado nas xornadas iniciais da competición.

O Galaico non deu lugar á sorpresa na fase final disputada na Piscina Rosario Dueñas, superando o club local, o Pabellón Ourense, e o Club do Mar.

Fóronlle peor as cousas ao Club Fluvial de Lugo e ao CN  Portamiña, que tras a xornada definitiva foron os equipos que certificaron o seu descenso de categoría.