O Natación Galaico leva o XIX Trofeo Amizade

Pontevedra
13 de xuño 2018

O club pontevedrés proclamouse vencedor da clasificación por equipo na competición celebrada en Ponteareas, á que desprazou un total de 40 nadadores 

Equipo do Galaico no XIX Trofeo Amizade
Equipo do Galaico no XIX Trofeo Amizade / CN Galaico

O Centro Deportivo Álvaro Piñeiro de Ponteareas foi escenario do XIX Torneo Amizade de natación, no que o Galaico tivo un papel destacado.

O equipo pontevedrés proclamouse vencedor na clasificación xeral de clubs, participando cun total de 40 nadadores de diferentes idades.

Ademais a nivel individual o Natación Galaico tamén demostrou a súa  poderío ao ser proclamados os seus deportistas Daniel Sánchez e Carla Goyanes como mellores nadadores do torneo por puntos FINA.

Tras esta cita a entidade pontevedresa prepara os seus próximos compromisos, entre os que se atopa o sábado 23 de xuño o Trofeo Pedro Escudero en Ourense, ao que acudirá con 19 nadadores e nadadoras.