O Galaico volve aos adestramentos no Pontillón

Pontevedra
12 de xuño 2020

Os nadadores de todas as categorías do equipo pontevedrés exercitaranse na contorna do encoro de Verducido ata a reapertura da piscina das complexo Rías  do Sur

Volta aos adestramentos do Galaico no Pontillón do Castro CN Galaico

Despois de tres meses, o Club Natación Galaico regresou este xoves aos adestramentos en todas as categorías. O Pontillón do Castro e a súa contorna será o lugar no que se desenvolvan as sesións durante os próximos meses que consistirán en exercicios en seco e natación de augas abertas.

A intención do club é establecerse no encoro pontevedrés ata que se reabra a Piscina Rías do Sur e "póidase ir recobrando a normalidade", declaran.

O director deportivo do Club Natación Galaico, Diego Pérez, detalla que os adestramentos levarán a cabo seguindo as medidas de prevención indicadas polo Consello Superior de Deportes e as autoridades sanitarias. Os nadadores exercítanse en grupos de menos de 20 persoas, mídense a temperatura antes de empezar, manteñen as distancias entre deportistas e non comparten material.

No referente a competicións, Pérez explica que non hai nada previsto nos próximos meses de xullo e agosto. No caso de setembro estudan a posibilidade dalgunha proba en augas abertas, pero polo momento só son expectativas que poderán concretarse ou non en función da evolución da situación sanitaria.