O Guijuelo, primeiro escollo do Pontevedra no seu regreso á Copa do Rei

Pontevedra
21 de xullo 2015

A eliminatoria xogarase partido único o día 2 de setembro no campo do equipo salmantino. En caso de seguir adiante o segundo choque tamén xogaríase lonxe de Pontevedra, ante Lleida Esportiu ou Hércules de Alicante

Luisito, durante o último adestramento antes do partido ante o Haro
Luisito, durante o último adestramento antes do partido ante o Haro / PontevedraViva

O Pontevedra Club de Fútbol xa ten rival para o seu regreso á Copa do Rei despois de cinco anos de ausencia.

O sorteo celebrado este martes na sede da Federación Española de Fútbol emparellou o equipo adestrado por Luisito co Guijuelo, curiosamente tamén primeiro partido dos granates en liga.

A primeira eliminatoria do torneo do K.O. xogarase a partido único o día 2 de setembro no campo do equipo salmantino.

En caso de seguir adiante na competición, os afeccionados granates tampouco poderán gozar da Copa do Rei en Pasarón, xa que o Pontevedra se enfrontaría ao gañador do Lleida Sportiu-Hércules de Alicante o día 9 de setembro tamén a domicilio.