O Leis apuntala o plantel coa súa terceira fichaxe, Gabriel Rama 'Gabi'

Pontevedra
14 de agosto 2014

Gabi procede do filial do Santiago Futsal. Con esta incorporación o equipo de Manu Cossío está case completo, á espera dunha última incorporación para dar por pechado o plantel

Final de Copa entre o Leis Pontevedra e Santiago Futsal B Diego Torrado

O Leis Pontevedra segue a avanzar na composición do plantel que deberá afrontar a tempada na Segunda División B de fútbol sala.

O conxunto lerezano anunciou a súa terceira fichaxe, o da á Gabriel Rama 'Gabi', procedente do filial do Santiago Futsal.

Gabi protagonizou un bo ano en Santiago, chegando a debutar co primeiro equipo compostelán en partido amigable.

Con esta incoporación Manu Cossío ten o equipo practicamente confeccionado á espera dunha última incorporación que dea por pechada oficialmente o equipo.