O líder Arosa vence ao Atios con gol de Pedro Beda (1-0) e o Ribadumia suma unha nova derrota tras caer fronte ao Barco (2-0)

Umia
29 de novembro 2020

O Arosa segue á fronte do subgrupo B de Terceira División tras gañar este domingo ao recentemente ascendido Atios. Pola súa banda, o Ribadumia acudiu repleto de baixas á súa cita co Barco. Aínda que comezaron a tempada ao grande, aos poucos fóronse desinflando ata tal punto de non ver a vitoria desde o segundo partido de liga 

Partido entre o Arosa e o Atios na Lomba Cristina Saiz

O Arosa segue á fronte do subgrupo B de Terceira División tras gañar este domingo ao recentemente ascendido Atios. O campo da Lomba abriu as súas portas unha semana máis para acoller a sétima xornada da liga, onde líderes e sétimo clasificado víronse as caras.

Como vén sendo habitual, o gol da vitoria para o conxunto arlequinado anotouno Pedro Beda. Rober centrou desde o lateral dereito a dentro da área e, aproveitando un erro defensivo de Javi, mandou o balón á rede para anotar o único tanto do encontro.

Aínda que o Atios deu guerra ata o minuto 90, foi o Arosa o que saíu vitorioso grazas ao tanto no minuto 42.

Consulta a acta do Arosa-Atios

Pola súa banda, o Ribadumia acudiu repleto de baixas á súa cita co Barco. Aínda que comezaron a tempada ao grande, aos poucos fóronse desinflando ata tal punto de non ver a vitoria desde o segundo partido de liga.

Buscando os tres puntos saltaron ao campo de Cabalgueiros. En fronte, un Barco chamado a acabar entre os tres primeiros puntos e que chegaba á cita gañando os dous últimos duelos (Pontellas e Rápido de Bouzas).

Costa arriba púxose o partido para o Ribadumia, que viu como o seu rival adiantábase nada máis comezar o encontro. Pacheco enviaba á rede o esférico e poñía aos locais co marcador de fronte e con todo o encontro por diante (min. 2).

Fixeron o que puideron os de Luís Carro para buscar a igualada, pero foi o Barco o que golpeou de novo. 10 minutos despois, Juanito Bazo fixo máis grande a ferida nun Ribadumia que tiña que pelexar se quería lograr a vitoria.

Co 2-0 chegouse ao descanso e, aínda que os aurinegros pelexaron por recortar distancias, non foron capaces.

Con este resultado o Ribadumia mantense na 9 posición, seguido do Rápido de Bouzas, Ourense CF e Pontellas.

Consulta a acta do Barco-Ribadumia