O líder examina o bo arranque do Poio Pescamar

Poio
30 de setembro 2016

O equipo conserveiro recibe este sábado (18:30 horas) no pavillón da Seca ao invicto Móstoles FSF, na que é unha auténtica proba de nivel ao seu bo arranque ligueiro 

Adestramento do Poio Pescamar Cristina Saiz

Proba de nivel ao bo inicio de liga do Poio Pescamar, que recibe este sábado no pavillón da Seca (18:30 horas) ao ata agora intratable líder da competición, o Móstoles FSF.

O cadro vermello, cuarto con dous triunfos e un empate nas tres primeiras xornadas, quere confirmar o paso á fronte dado esta campaña e consolidarse na zona nobre da táboa.

Marcio non debe preocuparse polas baixas e conta con todo o plantel dispoñible.

A convocatoria compóñena: Silvia, Sara, Charo, Jenny, Jessi, Suki, Patri Corral, Carolina, Jessy Lores, Ceci e Ale de Paz.

No seu segundo partido como local da tempada o club espera dar un novo impulso á campaña de abonados, podendo os afeccionados retirar os carnés no despacho de billetes do pavillón antes do encontro.