O Marín Futsal renova á súa capitá, Pau

Marín
30 de xullo 2021

Paula García 'Pau' convértese desta forma na terceira xogadora confirmada para o primeiro proxecto marinense na máxima categoría

Pau (esquerda), no partido entre Valdetires e Marín Futsal
Pau (esquerda), no partido entre Valdetires e Marín Futsal / Raúl Lomba / Ferrol360

A capitá do Marín Futsal non perderá o debut do seu equipo na Primeira División, tras o brillante ascenso conseguido na pista.

Paula García 'Pau' renovou coas marinenses para a próxima campaña.

Trátase da terceira xogadora confirmada no plantel dirixido por Raúl Jiménez, xunto á tamén renovada Ceci e a fichaxe da gardameta pontevedresa Silvia Aguete.

Desta forma e aínda que a un ritmo acougado o Marín Futsal dá pasos adiante no seu novo proxecto deportivo pensando no debut ligueiro do 18 de setembro na Raña ante un dos grandes da categoría, o Futsi Atletico Navalcarnero.