O Marín Futsal segue sendo de Primeira tras gañar o Ourense Ontime (4-1)

Marín
25 de maio 2024

O Marín Futsal continuará un ano máis en Primeira División despois de gañar ao Ourense Ontime por 4-1 na última xornada ligueira. O conxunto marinense chegaba á cita motivado e consciente do que estaba en xogo, por iso saíu desde o minuto uno disposto a pelexar cada balón e deixar os tres puntos na Raña

Marín Futsal - Ourense Ontime
Marín Futsal - Ourense Ontime

O Marín Futsal continuará un ano máis en Primeira División despois de gañar ao Ourense Ontime por 4-1 na última xornada ligueira.

O conxunto marinense chegaba á cita motivado e consciente do que estaba en xogo, por iso saíu desde o minuto uno disposto a pelexar cada balón e deixar os tres puntos na Raña.

Con todo, non foi ata a recta final do primeiro tempo cando abriu a lata. Despois de acumular innumerables ocasións en portería visitante, Inés Mayán fixo o 1-0 tras un envío desde a dereita de Gi Portes.

As cousas estaban a saír ben ao equipo adestrado por Ramiro Díaz, pero aos quince segundos da segunda metade todo veu abaixo. Sacou o Ourense Ontime de centro, transición de todo o equipo e combinación entre Marta Rodríguez e Candela que esta última definiu á perfección para devolver as táboas ao marcador. 

Pese ao gol en contra, o Marín Futsal seguiu remando e non tardou nin tres minutos en volver poñerse por diante despois dunha bonita parede dentro da área entre Carolina Pedreira e Débora Lavrador.

As locais estaban a dominar e lograron o gol da tranquilidade aos pasada a media hora de xoga. Lavrador cortou un saque de esquina do rival, iniciou o contragolpe e unha vez plantouse diante da porteira visitante, cedeu a Inés Mayán á dereita para que, a porta baleira, anotase o 3-1.

Por mor do tanto o partido volveuse tolo e entrou nun ida e volta con claro protagonismo de ambas as gardametas que se encargaban de evitar que o resultado se movese. Con todo, tras unha gran parada de Patri Arruti, o Marín iniciou o enésimo contragolpe da tarde que Carolina Pedreira definiu subindo o 4-1 final.

Aínda quedaban máis de seis minutos por disputarse e o Ourense Ontime optou por atacar polo xogo de cinco, pero as xogadoras marinenses mantivéronse firmes e fortes en defensas para deixar os tres puntos na Raña e, con eles, lograr a permanencia do equipo un ano máis na máxima categoría do fútbol sala feminino.

Consulta a acta nesta ligazón