O Trofeo Internacional Villa de Gijón de Natación contou a pasada fin de semana coa participación dun Club Natación Galaico que regresou satisfeito do papel protagonizado polos seus nadadores.
Ata 17 deportistas representaron ao club pontevedrés na competición internacional, conseguindo finalizar na clasificación xeral no undécimo posto e como mellor equipo galego.
Destacada foi a actuación a nivel individual de Antía García, conseguindo a vitoria no 50 libre e a terceira posición no 100 libre e na 50 bolboreta.
Ademais foron varios os finalistas no Galaico, con Juan David Fernández en 50 e 100 braza, Cibrán Leal en 50 braza, Laura Cano en 50 braza e Cristian Fernández no 800 libre.
A competición, que servía como estrea da tempada en piscina longa, contou con outros dous nadadores do Galaico aínda que competindo coa selección galega, Alicia Bouzas e Pablo Martín.