O Peixe Galego acode de novo ao mercado norteamericano para reforzar o seu plantel

Marín
03 de novembro 2016

A praga de baixas que padece o club marinense, unida á saída de Joe de Ciman, fixeron reaccionar á directiva 'peixe', que pechou a incorporación do escolta estadounidense Alec Kobre

Alec Kobre, nunha imaxe promocional dos Pacific Tigers
Alec Kobre, nunha imaxe promocional dos Pacific Tigers

Sabía o Peixe Galegao que o plantel que confeccionou para afrontar o seu debut na Liga LEB Ouro era competitiva, pero curta en comparación coa doutros equipos e estaba exposta a que as lesións condicionasen o seu rendemento.

É o que pasou nas últimas semanas e por iso a directiva 'peixe' decidiu acudir ao mercado para reforzar o equipo.

As lesións de homes como Cabanas, Mugica, Gregoiro Adón, Oubiña ou Miso, unidas á saída de Joe de Ciman rumbo ao Azpeitia fixeron reaccionar ao club, que pechou nas últimas horas a fichaxe do escolta estadounidense Alec Kobre.

De novo o caladoiro volve ser a liga universitaria norteamericana (NCAA), xa que Kobre, recentemente licenciado, provén da Unicersity of the Pacific, equipo no que xogou ata hai uns meses. Desde entón atopábase sen equipo.

O Peixe Galego confía en que o seu lanzamento exterior poida reforzar a liña ofensiva dos de Javi Llorente. O club traballa para que o xogador poida estar dispoñible este mesmo sábado no choque ligueiro en Ourense ante o COB.