O Peixe Galego despide o ano cunha derrota en San Sebastián (83-64)

Marín
31 de decembro 2016

A prematura lesión de Andrés Miso e o acerto desde o perímetro do GBC desnivelaron un duelo que comezara con certa igualdade. Os de Marín continúan na penúltima posición da Liga LEB Ouro

Javi Llorente, durante un partido do Peixe Galego
Javi Llorente, durante un partido do Peixe Galego / Cristina Saiz

Acudía o Peixe Galego á pista do poderoso GBC de San Sebastián coa intención de pelexar por un triunfo co que despedir o ano e cargarse de moral para a segunda volta de competición na LEB Ouro, pero todo púxose na súa contra.

Se os de Marín acudían á cita xa sen Alec Kobre na súa liña exterior, víronse dobremente penalizados pola prematura lesión de Andrés Miso, que minguou o seu potencial ofensivo.

Todo iso unido ao acerto desde o perímetro do cadro vasco, con 12 triplas (41% de acerto) que terminaron desnivelando o choque.

O Peixe arrincou con ganas e a pesar de que o GBC dominou os primeiros minutos, logrou poñerse por diante mediado o primeiro cuarto. Con todo os locais subiron o ritmo para terminar o primeiro parcial en vantaxe (25-14).

Os de Javi Llorente seguiron pelexando e da man de Derksen en ataque (21 puntos) aguantaron o tipo ata o descanso (42-33), pero na continuación o Guipuzkoa Basket sentenciou cun gran terceiro cuarto (67-49) para controlar a súa renda ata o final sen excesivos apuros.

Con esta derrota o Peixe Galego segue na penúltima pisición da LEB Ouro, pero debe superar pronto a decepción xa que o vindeiro mércores 4 afrontará unha nova xornada de liga na cancha do décimo clasificado, o Melilla.

Consulta aquí as estatísticas do GBC-Peixe Galego.