Non estaba a cumprir coas expectativas depositadas nel tras a súa fichaxe, por iso cando propuxo ao club a súa desvinculación o Peixe Galego aceptou, aínda que iso supoña ter que acudir ao mercado e deixar ao equipo mermado nunha semana importante, na que debe afrontar ata tres partidos de liga.
Alec Kobre xa non é xogador 'peixe' tras chegar a un acordo co club. O motivo, unha oferta laboral na University of the Pacific, a súa universidade de procedencia.
O escolta estadounidense deixa así Marín tras dez encontros co equipo na liga LEB Ouro nos que promedió 4,9 puntos por partido e un pobre 0,2 de valoración.
Kobre xa non estará este venres en San Sebastián no choque de liga que o Peixe Galego disputa ante o GBC.
Agora o club marinense traballa en pechar canto antes unha nova incorporación que reforce a liña exterior do equipo para a segunda volta de competición.