O pavillón da Raña, en Marín, volverá ser o escenario no que se poñerá en xogo a Copa Galicia Sénior masculina de baloncesto. Por terceira tempada consecutiva, o Peixe Galego exercerá de anfitrión dunha competición que cumpre 34 anos e que se disputará de forma íntegra no feudo marinense.
Monbus Obradoiro, Leite Río Breogán, Leyma Básquet Coruña, Club Ourense Baloncesto e Peixe Galego serán os equipos participantes nesta competición que comezará o 14 de setembro coa disputa das eliminatorias de cuartos de final.
O sorteo xa está decidido e o equipo de Javi Llorente quedou emparellado co Básket Coruña, mentres que a outra eliminatoria enfrontará ao Breogán co Club Ourense Baloncesto. As semifinais celebraranse o día 20 e o vencedor enfrontarase polo título, o 22 de setembro, co Obradoiro.