O Peixe Galego 'pesca' na NCAA ao seu escolta anotador

Marín
27 de xullo 2016

O club marinense anunciou a contratación por unha tempada do escolta estadounidense Tim Derksen, procedente dos San Francisco Dons da liga universitaria. A súa última campaña na NCAA alcanzou 16,9 puntos e 6,9 rebotes por partido

Tim Derksen nun partido cos San Francisco Dons da NCAA
Tim Derksen nun partido cos San Francisco Dons da NCAA

O mercado americano volve ser un 'caladoiro' para o Peixe Galego, que buscou na liga universitaria estadounidense (NCAA) un xogador que achegue boas cifras anotadoras.

Ese xogador é Tim Derksen, escolta que xogou as tres últimas tempadas nos San Francisco Dons, a última delas cunha grande responsabilidade no equipo e boas cifras, promediando 16,9 puntos, 6,9 rebotes e 2 asistencias por partido.

Será a primeira experiencia profesional e no estranxeiro para Derksen, natural de Tucson (Arizona) e que chega para cubrir o inmenso oco deixado por Gabe Rogers, peza crave no ascenso.

Desde o Peixe Galego definen ao seu novo xogador como "moi completo para o noso xogo exterior".

O club marinense espera que frutifiquen nos próximos días as negociacións abertas con outros xogadores para tentar contar co plantel formado antes do inicio dos adestramentos.